miércoles, 21 de noviembre de 2012

Alonso Montero, fillo predilecto da resistencia


Gardo a imaxe de Xesús Alonso Montero dunha noite de xullo de 1975. Nun mesón de Madrid, rematado o xuízo dos 23 de Ferrol (o dos mortos na Ponte das Pías en marzo do 72, xuízo contra ás vítimas, cos culpábeis como acusadores), intentabamos darnos ánimo nunha sorte de cea de solidariedade, co pensamento posto nos que non podían compartir mesa porque agardaban a sentenza no cárcere (Pillado, Aneiros, Amor Deus, Bonhome...) . Na euforia da emoción e coa complicidade implícita do mesoneiro, entoábamos alalás de resistencia, versos malditos do clandestino Arístides Silveira, sentado entre nós como o auténtico Celso Emilio Ferreiro. A voz máis cantante, por suposto, era a brillante e vibrante voz de Xesús Alonso Montero. Era o último verán con Franco vivo, pero naqueles momentos non o sabíamos e actuabamos como roubando uns instantes de liberdade improvisada, conscientes de que, cando rematáramos de cear e de cantar, e nos disolvéramos discretamente, volveríamos camiñar na longa noite de pedra.

Hai cinco anos, trinta e dous despois da morte do ditador, cando o xornalista Daniel Salgado  lle preguntaba se rematara a Transición, Alonso Montero contestaba coa retranca galega máis revolucionaria: “Empezou?”.  A pregunta, a dúbida, pode ter aínda máis sentido nestes días, nos que vemos cómo algúns “reconquistadores” do sistema, aproveitando a crise á que eles mesmos contribuíron, empezan a liquidar o que sempre consideraron concesións excesivas e innecesarias. Preguntas e dúbidas –como as que expresou hai case corenta anos sobre as posibilidades de supervivencia do idioma galego, tan sectariamente criticadas– que non desaniman a este esforzado resistente. Todo o contrario. Nunca deixou de loitar, na busca da liberdade e da xustiza, na defensa da lingua e da dignidade do seu pobo, por moitas dúbidas e obstáculos que dificultasen esa loita. Como dixo tamén na xa citada entrevista, cada vez cre máis no comunismo, porque está convencido de que o capitalismo vai destruír o mundo (outra cousa, penso eu, é que se poida chegar a tempo de impedilo, pero que non sexa porque non se intentara).

E agora que vai ser elevado á condición de fillo adoptivo do pobo da súa infancia –Ventosela, municipio de Ribadavia– non podo por menos que sumarme á merecida homenaxe a este home dunha peza, íntegro e consecuente na defensa de principios que buscan universalizar a dignidade da condición humana en paz, xustiza e liberdade. Desde o recordo daqueles anos nos que puiden apreciar a súa firmeza de espírito, saúdo a Xesús Alonso Montero, todo un mozo entusiasta aos seus oitenta e tres anos, como fillo predilecto da resistencia.

sábado, 3 de noviembre de 2012

Entre Catulo e a liberdade


http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/catulo-liberdade/idEdicion-2012-11-03/idNoticia-774645/

Volta ás esencias centrais


http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/volta-as-esencias-centrais/idEdicion-2012-10-27/idNoticia-773596/

Entretidos coa independencia


Xosé A. Gaciño

Téñennos entretidos coa polémica sobre a imposíbel independencia de Cataluña, mentres Rajoy conta unha de fadas a propósito do último cumio da UE, inmediatamente frustrante (o de xuño, polo menos, mantivo certas expectativas moderadamente esperanzadoras durante os meses de verán: en canto regresaron de vacacións, xa se encargaron os gobernantes alemáns de frustralo). Resulta curioso, por certo, que un dos aspectos da polémica sexa a posibilidade de que unha Cataluña presuntamente independente poida seguir integrada na Unión Europea. Á vista do proceso de conxelación que vai avanzando de cumio en cumio, non sería desatinado pensar que, ao remate das elucubracións sobre o estado catalán, sexa a propia UE a que estea en perigo de desintegración e sexa preferíbel saír dunha Unión Europea atascada nun canellón sen saída.

Resulta patético contemplar a escalada de bravatas, insultos, descualificacións e ameazas que se está a producir, desde unha parte e desde a outra, en torno a unha mera hipóteses que nin sequera está realmente deseñada. Que, de momento, non pasa de ser carnaza electoral, aproveitando o éxito dunha manifestación cidadá, ou, en todo caso, unha iniciativa voluntarista, convencidos todos de que, tal e como está a lexislación vixente e o partido que conta con maioría absoluta nas Cortes Xerais, non hai ningunha posibilidade de que tal iniciativa prospere.

Confiemos en que toda esta histeria polo menos se modere despois das eleccións autonómicas catalás, unha vez que o voto popular concrete as posicións de forza de cadaquén, a partir das cales abrir as necesarias canles de diálogo. Pero xa se sabe que, ás veces, non resulta fácil controlar esta sorte de movementos: os aprendices de bruxo vense desbordados polos seus xogos populistas, entre sentimentais e interesados, e as marxes de diálogo –xa moi limitadas nesta cuestión– desvanécense.

En calquera caso, sexan cales sexan os resultados electorais e sen entrar no nivel de prioridade que debería ter este asunto nos actuais momentos de crise, a tensión creada polas reivindicacións máis ou menos independentistas (algúns dos protagonistas eluden o propio termo de “independencia”) reflicte un certo fracaso no deseño dun Estado das autonomías que, no seu momento, se presentaba como a solución case perfecta a un problema histórico, froito do centralismo importado polos Borbóns, enquistado nos longos períodos de caciquismos e ditaduras dos séculos XIX e XX, e que só se tratou de canalizar nos momentos de réximes democráticos (nas dúas repúblicas e no actual, o máis prolongado no tempo). Parece que bastan unha simple manifestación (por moi concorrida que fose) e unha proposta oportunista dun goberno afogado pola crise para que o moi constitucional Estado das Autonomías sexa posto en cuestión polos mesmos que non admiten reformas constitucionais, salvo as que garanten a prioridade dos bancos para cobrar a débeda pública.

Entre polémicas e demagoxias, empezan a saír do armario centralistas de corazón que, ate agora, exerceran de autonomistas de conveniencia. É a outra cara do striptease político dos que levaban con discreción o seu obxectivo independentista, exercendo o autonomismo co mesmo sentido de conveniencia que os outros.

Soa menos romántico, pero quizais fose mellor deixar o corazón no armario e colocar en primeiro termo as conveniencias, mesmo se fai falta reformar a Constitución (que xa vai sendo hora).

 

A esquerda no deserto


http://contraposicion.blogspot.com.es/2012/10/a-esquerda-no-deserto-xose-gacino.html

viernes, 19 de octubre de 2012

Artigos en 'Galicia Hoxe' (do 31 de agosto ao 13 de outubro): rescates, Muruzábal, Diada, ultraliberais, nacionalidades históricas, eleccións, doma


http://www.galiciahoxe.com/hemeroteca-web/gh/espera-dos-rescates/idEdicion-2012-08-31/idNoticia-763527/

http://www.galiciahoxe.com/hemeroteca-web/gh/brinde-persoal-pola-esperanza/idEdicion-2012-09-06/idNoticia-764453/

http://www.galiciahoxe.com/hemeroteca-web/gh/faltan-moitas-diadas-multitudinarias/idEdicion-2012-09-15/idNoticia-766193/

http://www.galiciahoxe.com/hemeroteca-web/gh/ultraliberais-co-lombo-funcionario-ben-cuberto/idEdicion-2012-09-22/idNoticia-767491/

http://www.galiciahoxe.com/hemeroteca-web/gh/euskadi-galicia-cataluna/idEdicion-2012-09-29/idNoticia-768787/

http://www.galiciahoxe.com/hemeroteca-web/gh/escenario-ensaios-centralistas/idEdicion-2012-10-06/idNoticia-769896/

http://www.galiciahoxe.com/hemeroteca-web/gh/volven-domadores/idEdicion-2012-10-13/idNoticia-771230/

Artigos en 'Contraposición' (do 19 de setembro ao 17 de outubro): Carrillo, Europa, políticos, desigualdade


http://contraposicion.blogspot.com.es/2012/09/un-home-para-historia-entre-lealdades-e.html

http://contraposicion.blogspot.com.es/2012/09/tampouco-europa-ten-solucions-federais.html

http://contraposicion.blogspot.com.es/2012/10/politicos-impasibeis-ante-o-seu.html

http://contraposicion.blogspot.com.es/2012/10/novo-estiron-da-desigualdade-xose-gacino.html

jueves, 6 de septiembre de 2012

domingo, 1 de julio de 2012

Recordo de Camarón

Cúmprense hoxe, 2 de xullo do 2012, vinte anos da morte do cantaor xitano Camarón de la Isla. No seu recordo, recupero unha columna que escribín para o semanario A Nosa Terra (hoxe, desgraciadamente, desaparecido) e que apareceu pubricado o 9 de xullo do 1992, unha semana despois da morte.


E para completar o recordo, un dos seus cantes.

<iframe width="420" height="315" src="http://www.youtube.com/embed/99BkjCkqy_E" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Fútbol, economía, azar e racionalidade

http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/futbol-economia-azar-racionalidade-xose-gacino/idEdicion-2012-06-30/idNoticia-754142/

lunes, 25 de junio de 2012

Mínimo horizonte de esperanza


http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/minimo-horizonte-esperanza/idEdicion-2012-06-23/idNoticia-753050/

Independencia, neglixencia ou impotencia



http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/independencia-neglixencia-ou-impotencia/idEdicion-2012-06-15/idNoticia-751588/

A confianza que non se restablece



http://contraposicion.blogspot.com.es/2012/06/confianza-que-non-se-restablece-xose.html

Buratos, rescates e impresións dactilares


http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/buratos-rescates-impresions-dactilares/idEdicion-2012-06-09/idNoticia-750341/

Entre o rescate e a maquillaxe


http://contraposicion.blogspot.com.es/2012/06/entre-o-rescate-e-maquillaxe-xose.html

viernes, 8 de junio de 2012

A responsabilidade do silencio


http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/responsabilidade-do-silencio/idEdicion-2012-06-02/idNoticia-749280/

Indicios de reincidencia especulativa

Xosé A. Gaciño

Xa estamos máis ou menos resignados a que a saída da crise, polo menos a que se está intentando na Unión Europea, consiste en volver á mesma situación que a provocou, sen máis retoques que diminuír o máximo o gasto público e os salarios dos traballadores, o que supón unha dura travesía do deserto que ninguén sabe cándo vai rematar. Estamos resignados, claro, porque, se vote a quen se vote (e os gregos terán ocasión de comprobalo despois da próxima repetición dos seus comicios), parece que non vai haber maneira de facer saltar a táctica defensiva do equipo gobernante alemán (que, seguindo co símil futbolístico, debe de pensar que, despois de todo, na última Champions League se impuxo o xogo destrutivo do Chelsea fronte ao xogo creativo do Bayern, e despois de eliminar previamente ao máis creativo de todos, o Barcelona).

En España, onde a crise xeral destapou unha crise particular que trataban de disimular os banqueiros e os gobernantes, parece que tamén imos ter que resignarnos a tropezar na mesma pedra, ou, para ser máis exacto, no mesmo ladrillo. Xa empezara o ministro de Agricultura e Medio Ambiente, anunciando, na súa primeira comparecencia parlamentaria para expoñer as liñas principais da súa xestión, unha reforma da lei de costas nun sentido máis permisivo. Continúa agora o Ministerio de Fomento co estudio dunha amnistía urbanística coa que se legalizaría a situación de decenas de miles de vivendas ilegais (en xaneiro pasado, o goberno autonómico andaluz creou a figura do “recoñecemento xurídico” para dar un certo estatus legal a unhas trescentas mil vivendas en situación irregular, ou sexa, que non é unha tentación exclusiva da dereita).

Paralelamente, empezan a rexurdir proxectos urbanísticos na costa, como o aprobado a finais de maio polo concello gaditano de Tarifa (cos votos favorábeis do PP gobernante e do PSOE opositor) para construír 350 vivendas e 1.423 prazas hoteleiras no entorno da praia de Valdevaqueros, unha praia practicamente salvaxe no parque natural do Estreito, ocupada case exclusivamente polos practicantes de windsurf. Fracasado hai tres anos un proxecto similar, noutra praia do mesmo concello, pola creba da promotora, volve insistirse no modelo para saír da mesma crise que fixo abortar o anterior intento.

E non é que o sector da construción teña que desaparecer despois do estoupido da burbulla inmobiliaria, pero parecería lóxica unha reorientación dos seus obxectivos. Volver ao modelo de ocupación urbanística dun litoral xa máis que saturado parece unha aposta temeraria pola repetición da especulación e da burbulla. Como resulta un sarcasmo contra a xente que cumpre coa lei a posibilidade de que se decreten amnistías (fiscais ou urbanísticas) para bendicir irregularidades e fraudes, mentres se executan máis de cen desafiuzamentos ao día a persoas castigadas polos despedimentos. Un sarcasmo, sobre todo, porque a decisión partiría de políticos aos que se lles enche a boca falando de seguridade xurídica (cando afecta aos seus intereses, claro).

Con estes indicios de reincidencia especulativa, non resulta estraño que os bancos se resistan a contabilizar como perdas as vivendas e os solos que teñen acumulados nos seus “activos tóxicos” (como trata de facer Rodrigo Rato para defender a súa xestión en Bankia), ou que non lle busquen saída con baixadas radicais dos prezos (como en Estados Unidos e en Irlanda, onde baixaron sobre un cincuenta por cento, desde o 2007, mentres en España non se pasou do 25 por cento nese mesmo período, e cun millón de vivendas baldeiras), á espera de que volvan subir.

Xa sabemos que a tensión entre oferta e demanda, que está na base do único sistema económico existente, é un mecanismo perfectamente manipulábel polos que dominan determinados resortes do poder financeiro.

(Contraposición. 4-6-12)

Xustiza opaca con aires caribeños



http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/xustiza-opaca-aires-caribenos/idEdicion-2012-05-26/idNoticia-748127/

Crise sen rumbo pero con precisión antisocial



http://contraposicion.blogspot.com.es/2012/05/crise-sen-rumbo-pero-con-precision.html

sábado, 18 de febrero de 2012

Contradicións aparentes

Están a facer practicamente a mesma política económica que criticaron ao goberno anterior, quizais con máis dureza e convicción, esquecendo discursos e promesas anteriores. Chegaron entón ao goberno só para retroceder en materia de aborto e de código penal?

http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/contradicions-aparentes-xose-gacino/idEdicion-2012-02-18/idNoticia-731167/

Políticas de curto prazo

Os nosos gobernantes europeos non ven máis alá do curto prazo e a única saída á crise que se lles ocurre é retroceder ao punto de partido que orixinou a crise. Para cándo ocuparse da verdadeira e profunda crise á que se ten que afrontar a humanidade pola dilapidación de recursos limitados?

http://contraposicion.blogspot.com/2012/02/politicas-de-curto-prazo-xose-gacino.html

sábado, 11 de febrero de 2012

Aínda pode ser peor

A dereita parece que pisa forte nas súa volta ao goberno. Baltasar Garzón destaca como primeira vítima. Seguirán os previsíbeis milleiros de damnificados pola contrarreforma laboral.
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/ainda-pode-ser-peor-xose-gacino/idEdicion-2012-02-10/idNoticia-729255/

jueves, 2 de febrero de 2012

Sinais de vida

Un momento para dar sinais de vida. As últimas entradas deste blog persoal están a ser cubertas cos artigos que volvo escribir no Galicia Hoxe, limitado agora ao campo dixital, unha publicación coa que me sinto especialmente comprometido, porque me ofreceu aloxamento para as miñas reflexións en momentos nos que dispoñía de pouco espazo para expresalas (os bos amigos de A Nosa Terra tamén me acolleron, pero estes desapareceron en combate por completo). O reencontro con Galicia Hoxe, máis unha nova colaboración co blog Contraposición (no que coinciden outros vellos amigos), sen mencionar outra liña de colabortación aberta nun medio en castelán (El Diario Fénix), está a frear evidentemente o traballo máis persoal neste blog, concebido para tempos de retiro, cando os implacábeis recortes que a crise e outras imposicións empezaron a afogar a un sector da prensa (progresista e en galego) que resulta incómodo para os que mandan de verdade, e iso que a súa escasa audiencia non debería preocupar aos xigantes das finanzas. Espero que eses artigos colmen as expectativas (que supoño de todas formas escasas) que o meu modesto blog poidese ter levantado entre os meus posíbeis lectores (amigos e comprensivos) e sirvan para desculpar a pouca dedicación persoal a este espazo, que necesitaría, por outra banda, unha mellor configuración para dar cabida a outras facetas. Prometo facelo cando teña tempo.

Populismo xusticeiro

http://contraposicion.blogspot.com/2012/01/populismo-xusticeiro-xose-gacino.html

miércoles, 4 de enero de 2012

Metáfora certeira

Foto de Xurxo Lobato, publicada en Man Común en marzo do 1981. Son os oradores dun acto unitario no Día da Patria Galega de  1977, na Carballeira de Santa Susana, en Compostela.


Longa noite de pedra é, sen dúbida, unha das metáforas máis certeiras para definir o periodo de opresión franquista. Hoxe cúmprense cen anos do nacemento do autor desa metáfora, título dun libro de poemas pubricado hai cincuenta anos. Celso Emilio Ferreiro e a súa obra Longa noite de pedra ocupan un lugar importante na historia da literatura galega, que, en moi boa parte, é tamén a historia xeral da Galiza rexurdida nesa auténtica reconstrucción de historias e identidades na que España anda envolta desde que as primeiras ideas democráticas empezaron a abrirse paso fronte as intransixencias e reticencias do antigo réxime.
A obra de Celso Emilio Ferreiro está inscrita nesa constante cívica característica da mellor literatura galega contemporánea, desde a gran Rosalía de Castro. A súa obra e tamén o seu comportamento persoal, sempre presidido por un compromiso progresista coa democracia e co pobo galego. Teremos tempo, ao longo deste ano, de relembrar as achegas do gran poeta celanovés na difícil tarefa de pór en marcha as liberdades en Galiza. Quede aquí agora o primeiro e imprescindíbel recordo.