Illa de San Simón (setembro do 2011) |
Un alto no camiño das preocupacións electorais para recordar que o quentamento global, o cambio climático, é posibelmente o problema máis importante da humanidade. Desde as Nacións Unidas, nas que se creou un grupo científico para estudalo en profundidade, levan máis de vinte anos promovendo reunións e conferencias internacionais para tratar de pór remedio a ese problema, producido principalmente -segundo o consenso da comunidade científica internacional- pola emisión de gases de efecto invernadoiro. Estes días en Paris celébrase un novo cumio internacional sobre o cambio climático, no que se deberían tomar medidas que substitúan ás moi limitadas medidas que se puxeron en marcha co Protocolo de Kioto no 1997. As sensacións iniciais son de que se seguirá a poñer parches que alivien os síntomas, en vez de acometer unha verdadeira operación cirúrxica. Sobre isto reflexiono neste artigo publicado onte en Galicia Hoxe: http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/enfermos-cronicos-do-clima-xose-gacino/idEdicion-2015-12-04/idNoticia-967803/
No hay comentarios:
Publicar un comentario