domingo, 20 de diciembre de 2015

Nacionalismo galego: ciclo do eterno retorno

Celso Emilio Ferreiro, Carmen Santos Castroviejo, Xosé Fortes
e Xosé Antonio Gaciño na celebración do Día da Patria Galega no 1977
(Foto Xurxo Lobato)


Minutos antes de que empecen a coñecerse os resultados das eleccións xerais de hoxe, inserto aquí o enlace dun traballo publicado na revista galega Luzes -dirixida por Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro- sobre a evolución da política na Galicia autonómica que se vai desenvolvendo con moitas dificultades. As primeiras estimacións, coas enquisas a pé de urna, parecen apontar a un retroceso importante do bipartidismo (PP e PSOE) en Galicia, coa coalición En Marea en segundo lugar. Hai que esperar a resultados definitivos e ver, sobre todo, se esa subida da marea se traduce en grupo parlamentario galego propio.

http://revistaluzes.com/2015/12/1278/?utm_content=buffere0cdb&utm_medium=social&utm_source=twitter.com&utm_campaign=buffer

jueves, 17 de diciembre de 2015

Un esforzo pola diversidade e a pluralidade

Manifestación con gaita en Sevilla (29-5-2011)


Pode que cheguemos saturados á cita electoral do 20 de decembro, pode que cheguemos tamén un tanto confusos e tensos, pero non se pode negar que volvemos recuperar un pouco da ilusión dos anos da transición, cando pensabamos que podíamos estar en vésperas da esperanza. Hai agora unhas posibilidades que dimos por perdidas neste anos de travesía bipartidista cara á crise universal. Fagamos un esforzo para alcanzar no parlamento a diversidade e a pluralidade que se vive na sociedade real. Mentres, aquí deixo unhas reflexións sobre electoralismo publicadas en Galicia Hoxehttp://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/ocasion-estrear-pactos-xose-gacino/idEdicion-2015-12-16/idNoticia-969888/

sábado, 5 de diciembre de 2015

O problema máis importante da humanidade

Illa de San Simón (setembro do 2011)

Un alto no camiño das preocupacións electorais para recordar que o quentamento global, o cambio climático, é posibelmente o problema máis importante da humanidade. Desde as Nacións Unidas, nas que se creou un grupo científico para estudalo en profundidade, levan máis de vinte anos promovendo reunións e conferencias internacionais para tratar de pór remedio a ese problema, producido principalmente -segundo o consenso da comunidade científica internacional- pola emisión de gases de efecto invernadoiro. Estes días en Paris celébrase un novo cumio internacional sobre o cambio climático, no que se deberían tomar medidas que substitúan ás moi limitadas medidas que se puxeron en marcha co Protocolo de Kioto no 1997. As sensacións iniciais son de que se seguirá a poñer parches que alivien os síntomas, en vez de acometer unha verdadeira operación cirúrxica. Sobre isto reflexiono neste artigo publicado onte en Galicia Hoxehttp://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/enfermos-cronicos-do-clima-xose-gacino/idEdicion-2015-12-04/idNoticia-967803/

viernes, 4 de diciembre de 2015

Nin reformas ni debates


Restos do Foro Romano. Un guiño ao pasado cando hai que elixir os modernos  tribunos da plebe 
 (Roma, setembro do 2007)


Desde a pasada medianoite estamos en plena campaña electoral. Segundo as últimas enquisas, o PP segue encabezando as preferencias do electorado, a pesar destes catro anos de corrupción e recortes. O empuxe das forzas emerxentes parece que aínda non é suficiente para desplazalo do primeiro posto, por moito desgaste que vai sufrir. Parece que os socialistas poden ser os máis prexudicados por ese avance das novos partidos. Mesmo podería ser vítima desa lei electoral que non se preocupou de cambiar porque lle favorecía e agora pode quedar relegado ao terceiro posto en provincias onde se elixen menos deputados e por tanto o reparto só beneficia aos dous primeiros. Hai oito días publiquei en Galicia Hoxe un artigo sobre as voltas que dan os debates e como cuestións como a reivindicación independentista en Cataluña ou os atentados yihadistas podían favorecer indirectamente ao partido gobernante, que ve cómo pasan a segundo plano cuestións que afectan máis aos cidadáns e das que é responsábel.