Cúmprense vinte anos da morte de Luis Pita, compañeiro e amigo. Desapareceu o 17 de agosto do 1997, vítima dun cancro que lle destrozou a voz, primeiro, e que lle arrebatou a vida finalmente. Para evocar a súa figura, recollo dous traballos escritos uns meses antes da súa morte, pero cando a enfermidade estaba xa acosándolle. O meu texto recolle as palabras que pronunciei na cena de homenaxe que lle ofreceron os compañeiros de Radio Nacional en A Coruña o 7 de febreiro do 97, con motivo da súa xubilación por enfermidade, e que o semanario A Nosa Terra publicou despois da súa morte. O outro texto, de novembro do 2016, é de Manuel Rivas, copartícipe no compañeirismo e na amizade, como pode deducirse facilmente do seu entranábel escrito.