|
Besalú (marzo do 2012) |
Cadaquén agrupou os votos rexistrados nas eleccións autonómicas catalás do pasado 27 de setembro como pensaba que podían favorecer máis aos seus obxectivos, ás veces sen caer na conta de que os números son rotundos e que, por moito que se lles queira manipular, suman o que suman. Postos a facer combinacións, unha moi clara foi a de sumar, por unha parte, os votos dos que queren que cambien cousas (en maior ou menor medida) e os que non queren que cambie nada. O resultado foi rotundo: os inmobilistas absoluto, representados polo PP, só obtiveron o 8,4 por cento de votos e unha porcentaxe similar en escanos. Máis do 90 por cento dos votantes cataláns escolleron opcións que queren cambios, algúns tan radicais como a independencia e outros diversos graos de reforma do marco constitucional para reaxustar a situación de Cataluña en España. Diso fala este artigo publicado en Galicia Hoxe: http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/maioria-inmobilismo-xose-gacino/idEdicion-2015-10-01/idNoticia-955737/